Ibermutua ven de poñer en marcha un novo centro asistencial e administrativo na localidade lucense de Viveiro, co fin de ampliar e mellorar as dotacións que a entidade ten ao dispor das súas empresas asociadas e traballadores protexidos na provincia de Lugo.
O novo centro, xa en funcionamento, está situado na Avenida Cantarrana nº 26 e alberga unhas modernas instalacións de servizos asistenciais e administrativos especialmente dotadas para o tratamento de accidentes de traballo, enfermidades profesionais e o seguimento da incapacidade temporal por continxencias comúns. Dará cobertura asistencial a un colectivo protexido formado por preto de 1.500 empresas mutualistas e 8.400 persoas traballadoras da zona de norte de Lugo.
Para iso, o centro conta cun equipo profesional formado por persoal médico, sanitario e administrativo que presta os servizos de urxencias, asistencia sanitaria por continxencia profesional (accidente de traballo e enfermidade profesional), rehabilitación e fisioterapia, radioloxía, seguimento de incapacidade temporal por continxencia común (accidente non laboral e enfermidade común) e atención ao cliente.
A apertura deste centro, que está enmarcada no plan de reordenación, mellora e reforzamento da rede de centros e servizos de Ibermutua galega nesta Comunidade Autónoma, conleva o traslado ao mesmo da actividade prestada ata o de agora no centro asistencial de Ibermutua galega en Celeiro, que cesou hoxe a súa actividade.
Na Comunidade Autónoma de Galicia, Ibermutua conta coa rede de centros e servizos máis ampla e mellor dotada do sector, con preto de vinte centros asistenciais e administrativos nesta Comunidade. Na provincia de Lugo, a rede asistencial de Ibermutua galega está formada por 2 centros propios, en Lugo e Viveriro, e 5 centros concertados, situados en Burela, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo e Vilalba, cos que dá cobertura a máis de 5.100 empresas mutualistas e 38.000 traballadores.
A nivel nacional, Ibermutua conta con preto de 120 centros propios distribuídos por toda a xeografía española e protexe a un colectivo de máis de 1,6 millóns de traballadores, dando cobertura a preto de 170.000 empresas e situándose como a terceira maior Mutua Colaboradora coa Seguridade Social por cota de mercado.