Ibermutua asinou un convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), cuxo obxectivo é o de facilitar a divulgación adecuada das novidades normativas en materia de Seguridade Social, con especial dedicación ás prestacións responsabilidade da Mutua, a través de distintas canles de comunicación.
O documento subscrito prevé o intercambio de información entre profesionais de ambas as entidades para a posta ao día das novidades en materia de xestión da Seguridade Social relacionada coas coberturas que presta Ibermutua.
Ademais, ambas as partes colaborarán na organización de xornadas relativas á xestión da Seguridade Social no referente ás coberturas que efectúa a Mutua. Estas sesións irán dirixidas ao colectivo protexido por Ibermutua do ámbito de actuación da CEG.
Ibermutua tamén poñerá ao dispor da Confederación de Empresarios de Galicia a documentación específica en materia de xestión da Seguridade Social e informaralle de todas as novidades normativas relativas a esta materia.
O convenio foi subscrito hoxe por Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e por Javier Flórez Arias, director territorial de Ibermutua galega. Na firma estivo presente tamén Alejandra Garrido Fernández, subdirectora territorial de Ibermutua galega.