Ibermutua firmou un convenio de colaboración co Colegio Oficial de Graduados Sociales de Pontevedra cuxo obxectivo é o de facilitar a divulgación adecuada das novidades normativas en materia de Seguridade Social, con especial dedicación ás prestacións responsabilidade da Mutua, a través de distintos canais de comunicación.
O documento subscrito prevé o intercambio de información entre profesionais de ambas entidades para a posta ao día das novidades en materia de xestión da Seguridade Social relacionada coas coberturas que presta Ibermutua.
Ademais, ambas partes colaborarán na organización de xornadas relativas á xestión da Seguridade Social no referente ás coberturas que efectúa a Mutua. Estas sesións iran dirixidas aos colexiados protexidos por Ibermutua do ámbito de actuación do Colexio e aos recentemente colexiados en Relacións Laborais e Recursos Humanos incorporados ao Colexio.
Ibermutua tamén porá a disposición do Colegio de Graduados Sociales de Pontevedra a documentación específica en materia de xestión da Seguridade Social e informaralle de todas as novidades normativas relativas a esta materia.
O convenio foi subscrito na tarde de onte por Raúl Eugenio Gómez Villaverde, presidente do Colegio Oficial de Graduados Sociales de Pontevedra e por Javier Flórez Arias, director territorial de Ibermutua gallega. Na firma estiveron presentes tamén Noemí Sordo Herrero e Mercedes Vea Vázquez, responsables da comisión das relacións coas mutuas e Alejandra Garrido, subdirectora territorial da Ibermutua gallega.