Ibermutua e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo asinaron un convenio de colaboración, cuxo obxectivo é o de facilitar a divulgación adecuada das novidades normativas en materia de Seguridade Social, con especial dedicación ás prestacións responsabilidade da Mutua, a través de distintas canles de comunicación.
O documento subscrito prevé o intercambio de información entre profesionais de ambas as entidades para a posta ao día das novidades en materia de xestión da Seguridade Social relacionada coas coberturas que presta Ibermutua.
Ademais, ambas as partes colaborarán na organización de xornadas relativas á xestión da Seguridade Social no referente ás coberturas que efectúa a Mutua. Estas sesións irán dirixidas aos colexiados protexidos por Ibermutua do ámbito de actuación do Colexio.
Ibermutua tamén poñerá ao dispor do Colexio de Graduados Sociais de Lugo a documentación específica en materia de xestión da Seguridade Social e informaralle de todas as novidades normativas relativas a esta materia.
O convenio foi subscrito hoxe, na sede do Colexio, por Manuel Núñez Carreira, presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo e por Javier Flórez Arias, director territorial de Ibermutua galega. Na firma estiveron presentes tamén Alejandra Garrido e Ana Belén Buendía, subdirectoras territoriais de Ibermutua galega.