Ibermutua Gallega reforza o seu compromiso coa Confederación de Empresarios da Coruña mediante a firma dun convenio de colaboración firmado esta mañá. A entidade, creada como froito de integración por fusión de Ibermutuamur e Mutua Gallega, forma parte do grupo de empresas protectoras da CEC desde o ano 1984, anteriormente como Mutua Gallega. O acordo, firmado polo presidente da Confederación, Antonio Fontenla, e o director territorial de Galicia da entidade, Javier Flórez, ten como obxectivo a divulgación adecuada das novidades normativas en materia de Seguridade Social, con especial dedicación ás coberturas, actividades, servizos e prestacións responsabilidade da Mutua para as empresas coruñesas, así como informar e difundir a normativa vixente mediante o establecemento de canles estables de información. Na firma estiveron presentes tamén Alejandra Garrido Fernández, subdirectora territorial e Eva Amor Fraga, directora de centros da Coruña.
O presidente da CEC resaltou a importancia deste convenio “que nos permitirá realizar actividades conxuntas e, con elo, contribuír á difusión das novidades normativa que tiveran lugar”. E todo elo a través dunha “entidade de referencia” como é Ibermutua, que representa a 13.642 empresas e a 117.609 persoas traballadoras na provincia da Coruña, o que supón case a metade das empresas asociadas e poboación cuberta pola entidade en Galicia, en cuxo territorio alcanza a 30.481 compañías e a 258.626 persoas empregadas. O convenio permitirá, ademais, seguir ampliando as liñas de colaboración que historicamente veñen mantendo ambas entidades e que se remontan a 1984, ano desde o cal entón Mutua Gallega forma parte do grupo de apoio da CEC, conformado por firmas de referencia como Abanca, Inditex, Gadisa, Vegalsa, Ceferino Nogueira, Terminales Marítimos de Galicia, Naturgy, Iberdrola, Endesa, Repsol, Carrefour, Mercadona, Luckia o Comar –entre outras-. Ademais, a este grupo tense incorporado recentemente a Corporación Hijos de Rivera co obxectivo de aportar a súa experiencia ao mellor desenvolvemento do movemento asociativo empresarial da provincia.
O convenio de colaboración firmado esta mañá entre CEC e Ibermutua contempla unha serie de accións concretas como son a posta a disposición da Confederación da documentación básica en materia de xestión de Seguridade Social relacionada coas coberturas que presta Ibermutua, en formato electrónico; información sobre novidades normativas ou o intercambio de experiencias entre ambas entidades, entre outras actuacións.
O acordo, que terá un período de vixencia de catro anos, contempla, ademais, a colaboración para a realización de xornadas de actualización de coñecementos, relativos á xestión da Seguridade Social no referente ás coberturas que efectúa a Mutua, dirixidas ao colectivo protexido por Ibermutua do ámbito de actuación da CEC.