Ibermutua asinou un convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), cuxo obxectivo é o de facilitar a divulgación adecuada das novidades normativas en materia de Seguridade Social, con especial dedicación ás prestacións responsabilidade da Mutua, a través de distintas canles de comunicación.
O documento subscrito prevé o intercambio de información entre profesionais de ambas as entidades para a posta ao día das novidades en materia de xestión da Seguridade Social relacionada coas coberturas que presta Ibermutua.
Ademais, ambas as partes colaborarán na organización de xornadas relativas á xestión da Seguridade Social no referente ás coberturas que efectúa a Mutua. Estas sesións irán dirixidas ao colectivo protexido por Ibermutua do ámbito de actuación da CEP.
Ibermutua tamén poñerá ao dispor da Confederación de Empresarios de Pontevedra a documentación específica en materia de xestión da Seguridade Social e informaralle de todas as novidades normativas relativas a esta materia.
O convenio foi subscrito hoxe por Jorge Cebreiros Arce, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra e por Javier Flórez Arias, director territorial de Ibermutua Gallega. Na firma estiveron presentes tamén Alejandra Garrido Fernández, subdirectora territorial de Ibermutua Gallega, e os directores dos centros de Pontevedra e Vigo, David Solla Freixeiro e María Belen González Nabal, respectivamente.