Ibermutua, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, constituíu hoxe a súa Xunta Territorial en Galicia, trala aprobación pola Xunta Directiva da Entidade e cumprindo así un dos acordos acadados durante o proceso de fusión entre Ibermutuamur e Mutua Gallega.
A nova Xunta Territorial en Galicia, composta por 12 empresas mutualistas da Comunidade Autónoma de Galicia e presidida por José Fariña Varela, vicepresidente terceiro da Xunta Directiva de Ibermutua, celebrou hoxe a súa primeira reunión na Coruña, á que asistiron tamén o director xeral, o subdirector xeral e o conselleiro xeral de Ibermutua, Heraclio Corrales Romero, Carlos Santos García e Luis Carro Santa-María, respectivamente, ademais do equipo directivo territorial.
A Xunta Territorial de Galicia, que se reunirá periodicamente e de forma itinerante nas distintas provincias galegas onde a Entidade está presente a través da súa rede de centros propios, seguirá todo o proxecto inversor de Ibermutua na Comunidade Autónoma de Galicia destinado á ampliación e mellora da rede de centros de Ibermutua gallega.
Nesta primeira reunión revisaron o balance do primeiro ano de andadura da nova Entidade, que ten reforzado a súa posición como a primeira Mutua por cota de mercado en Galicia e a terceira a nivel nacional. Ademais, a Mutua ten redobrado as súa aposta polo emprego e a inversión na súa rede de servizos na Comunidade Galega. Concretamente, Ibermutua gallega, nome co que a entidade opera no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, protexe xa a máis do 27,6% do mercado de traballo galego, prestando servizos a máis de 264.000 traballadores e a preto de 33.141 empresas.
Asemade, tense posto do manifesto que o compromiso co mantemento dos postos de traballo adquirido durante o proceso de fusión de ambas entidades tense cumprido con creces, xa que o equipo humano da Entidade en Galicia incrementouse en 9 profesionais, pasando de 321 traballadores en 2018 a 330 en 201.
Polo que respecta ao Plan de Inversións para a rede de centros de Ibermutua gallega, destacouse que, nos próximos 4 anos, a Mutua ten exposto un plan director que conta cunha inversión total prevista de 30 millóns de euros para a posta en marcha de centros sanitarios de referencia na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Esta cifra duplica as previsións realizadas trala fusión e suporán a reordenación completa da súa actual rede de centros na Comunidade Autónoma de Galicia.
Ibermutua na actualidade conta con preto de 120 centros propios distribuídos por toda a xeografía española. A Mutua protexe a máis de 1,6 millóns de traballadores e da cobertura a máis de 171.000 empresas.
Na Comunidade Autónoma de Galicia, conta para elo coa rede de centros e servizos máis ampla e mellor dotada do sector, con vinte centros asistenciais e administrativos nesta Comunidade.