Ibermutua celebrou hoxe, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, a súa Xunta Territorial de Galicia. Á mesma asistiron, ademais dos membros que compoñen á Xunta Territorial, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, o director xeral e o conselleiro xeral de Ibermutua, Carlos Javier Santos García e Heraclio Corrales Romeo, respectivamente, así como o director territorial de Ibermutua gallega, Javier Flórez Arias.
No transcurso da Xunta, o vicepresidente Alfonso Rueda realizou unha intervención para abordar o impacto do Xacobeo na recuperación económica de Galicia, destacando que “se hai un sector cun impacto directo na sociedade e na economía en xeral, ese é o turismo”. Rueda recordou que os datos turísticos do pasado verán e da Semana Santa demostraron que Galicia está a liderar a recuperación do turismo en España e que o impacto da crise sanitaria en Galicia foi menor, “como o demostra o feito de que a evolución media interanual do PIB de 2021 experimentase en Galicia un crecemento do 5,2%, un punto por enriba da media de España, un dato positivo que vai ligado ao bo comportamento do turismo, que non só repercute na hostalaría, senón tamén no comercio e, en xeral, no conxunto da economía galega”.
Pola súa parte, o director xeral de Ibermutua presentou o avance dos resultados económicos de Ibermutua correspondentes ao exercicio 2021. Asemade, puxo de manifesto o crecente intereses detectado nas organizacións por garantir a saúde e benestar psicolóxico dos seus traballadores e, neste sentido, destacou a importancia de seguir avanzando no modelo de Empresa Saudable para asegurar contornas de traballo seguras e saudables e coidar e manter a saúde física e mental das persoas traballadoras.
Asemade, Santos anunciou as actuacións e avances do plan de inversións que a Entidade mantén en Galicia e na súa rede de centros e servizos.
Durante a celebración da Xunta tamén interviñeron o conselleiro xeral de Ibermutua, Heraclio Corrales Romeo, o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Manuel Rodríguez Vázquez, o presidente da Xunta Territorial de Ibermutua en Galicia, José Fariña Varela, e o director territorial de Ibermutua gallega, Javier Flórez Arias.